Enfermidades do estómago (as da boca xa estaban vistas)
“Gastritis”
O estómago está recuberto por unha capa de células,
a mucosa gástrica. A “ gastritis” prodúcese cando a
mucosa gástrica se inflama por exceso de secreción de ácido clorhídrico por
comer comidas picantes, alcohol, café, fumar, algúns medicamentos, alimentos en
mal estado, etc. ou por sufrir estrés.
Tamén se pode producir por segregar pouco mucus protector.
Úlcera gástrica
É unha ferida causada pola destrucción da mucosa do estómago,
podendo chegar a ter hemorraxias ou incluso perforar a parede do estómago
.
Prodúcese cando o ácido clorhídrico( HCl) que axuda a dixerir
os alimentos, dana a parede do estómago ou do duodeno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario