11.10.11

Alerta volcánica nas illas canarias


Os habitantes da pequena localidade de “La Restinga”, na illa canaria de El Hierro , foron desplazados como precaución ante unha posible nova erupción volcánica submarina máis cercana á costa, despois da primeira que se produxo o luns ,a 5 km do litoral.

“ La Restinga”, é unha pequena poboación pesqueira de 547 habitantes, e é a localidade máis cercana ó foco volcánico que apareceu o luns a cinco kilómetros da costa.

A vulcanóloga do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)”, Alicia García, afirmou o luns que a erupción non fora visible debido á profundidade a que se produciu, a máis de 500 metros. García advirtiu que hai que manterse vixiantes por si se abren novas bocas máis próximas á costa, polas que poida saír o magma.

Esta é a primeira erupción volcánica que ten lugar en España dende 1971, cando se produciu a erupción do volcán Teneguía, na tamén illa canaria de “ La Palma”.

1 comentario:

nereiña123 dijo...

xa entrara en erupcion algunha vez