8.10.11

As Dracónidas


Este fin de semana, na noite do sábado 8 de octubre ó domingo 9, a Terra atravesará a estela de partículas de po que o cometa 21P/Giacobini-Zinner deixou ó seu paso ó aproximarse ó Sol no ano 1900, así como outras estelas deixadas polo mesmo cometa durante o s. XIX.
Estas partículas son as que forman as colas dos cometas e despréndense da superficie destes astros cando se achegan ó Sol.
As partículas, casi todas máis pequenas que un gran de area, colisionarán contra a nosa atmósfera a unha velocidade enorme (máis de 72.000 kilómetros por hora), o cal provocará que se desintegren completamente a casi 100 kilómetros de altura nunha fracción de segundo, emitindo un breve pero brillante destello.
Desta forma veremos este fenómeno en forma dunha chuvia de meteoros ou estrelas fugaces denominada polos astrónomos 'Dracónidas'. Acadaranse os 1000 meteoros por hora.
A mellor hora para observalas será ás 10 da noite e non se precisan instrumentos especiais.Disfrutádea si podedes!!!

1 comentario:

maritere333 dijo...

es una maravilla de la naturaleza como la nota que e sacado en gallego!!!