15.1.09

1º ESO


Sabemos que o almidón é un hidrato de carbono presente en moitos alimentos de orixen vexetal, pero que nunca debería estar presente nos alimentos de orixen animal. Nesta experiencia detectaremos de xeito moi sinxelo o almidón en distintos tipos de alimentos. Aproveitaremos a propiedade que ten de reaccionar co iodo tomando unha cor azul oscuro ou violeta.
• Contagotas
• Plato pequeno
• Betadine
• Diversos alimentos de orixen vexetal (fariña, arroz, patata, pan, etc)
Preparamos o reactivo diluindo o Betadine en auga: Mestura 1 gota de Betadine con 10 gotas de auga. Nun platiño pon pequenas cantidades dos alimentos e engade unha gota do reactivo a cada mostra.
Observa como pouco a pouco aparece a cor azul característica da reacción do iodo co almidón.
Proba con outros alimentos, por exemplo, unha pequena cantidade de peixe ou de carne (verase mellor si é carne blanca, polo ou porco) e comproba que non conteñen almidón.
Hai veces que os fabricantes de friames engaden almidón ós seus produtos, sin avisarnos (así véndennos almidón a precio de xamón). Adoita ocurrir, por exemplo: xamón York, mortadela, chopped… Podes investigar, seguindo a técnica que fixemos antes. Si non se ve ben o resultado, podes cocer nunha pequena cantidade de auga a mostra, durante 4 ou 5 minutos, e realizar a proba sobre o extracto que obteñas unha vez que se enfriara.

1 comentario:

sideral dijo...

Moi bo, sí señor!!