26.1.09

Sorbitol 3º ESO


O sorbitol é un edulcorante que se emprega moito a nivel dietético grazas a escasa cantidade de calorías (case a metade do azúcar). Ademáis de atoparse en boa parte dos productos dietéticos, tambén está en golosinas como chicles ou caramelos light. Detectáronse algúns casos de persoas ás que o sorbitol ocasionoulles trastornos estomacais como diarreas ou dolores abdominais. A revista British Medical Journal de Londres difundiu o feito de que o consumo excesivo de sorbitol pode ser nocivo para a saúde, acarreando problemas como as diarreas crónicas e outros moitos problemas do funcionamento intestinal acompañado de pérdida de peso e outras doenzas.

No hay comentarios: