Google Assistant e Siri con só un comando de voz, poderás obter respuestas rápidas a
preguntas, programar recordatorios ou buscar información en línea.
Grammarly se queres mellorar a túa escritura. Grammarly non só
corrixe erros gramaticais, tamén ofrece
suxerencias para mellorar o estilo de escritura, a coherencia e a claridade.
Tamén proporciona sinónimos e recomendacións de mellora que axudan a mellorar
as túas habilidades lingüísticas en inglés.
Quizlet: se queres crear tarxetas de estudo personalizadas.
Duolingo: para personalizar a
aprendizaxe nun novo idioma.
Khan Academy: esta IA permite identificar as túas fortalezas e
debilidades, proporcionando exercicios e leccións adicionais según as precises.
Poderás recibir unha formación máis adaptada e eficiente para dominar conceptos
e mellorar o teu rendemento.
Notion:
para mellorar a túa organización persoal, xestionando notas, tarefas e
proxectos, recibindo suxerencias sobre cómo organizar os teus documentos de xeito
máis eficiente.
Cerebriti: crea cuestionarios
e xogos educativos interactivos. Poderás usala para practicar o aprendido, mellora
coñecementos e prepararte para exámenes.
Coursera e edX: permiten persoalizar os cursos según os teus
intereses e.progresos.
Wolfram Alpha: para resolver problemas matemáticos e proporcionarche
solucións a preguntas en diversos campos como a física, a química, a economía e
a estatística.
Socratic by Google: ao tomar unha foto dunha pregunta ou problema, esta
IA analiza a imaxen e proporciónache explicacións detalladas, paso a paso e recursos adicionais que te axudarán
a comprender mellor os conceptos.
Microsoft OneNote con IA: para organizar as túas notas de xeito máis
eficiente, xerar recordatorios, e proporcionar suxerencias para organizar o contido.
Tamén che permite a conversión de texto escrito a man en texto dixital, o que
facilita a organización das notas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario