A poliomielitis ou polio é unha enfermidade infecto-contaxiosa producida por un virus que afecta ao sistema nervioso central (SNC). Pode causar inflamación do cerebro e das neuronas motoras da médula espiñal, chegando a causar atrofia muscular, parálise, parálise permanente, deformidade e incluso a morte. Os afectados son principalmente os nenos.
Transmítese dunha persoa a outra por vía oral, xa que o virus trnspórtase na auga ou nos alimentos contaminados con materia fecal da persoa infectada.
Aínda que é unha enfermidade infecciosa, pode combatirse e evitarse coa vacinación.
Jonas Salk, que naceu un 24 de outubro, foi o investigador estadounidense que fixo posible o desenvolvemento da vacina que logrou previr esta terrible enfermidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario