Son orixinarias de Estados Unidos, e poden superar os 100 metros de altura. Son árbores moi lonxevas que poden chegar a vivir 1800 anos, aínda que localizouse un exemplar con 3200 .Outra curiosidade é que a súa madeira é a máis cara do mundo: o metro cúbico valórase en 1.500 euros.
Pero, sabías que en Galicia tamén temos dous
importantes bosques de secuoias? As dúas están na provincia de Pontevedra:
Gondomar e Poio.
Desde 2017 hai unha plantación de secuoias na Serra do Galiñeiro en Gondomar (Pontevedra), a máis grande de Europa. Son 1.200 árbores
repartidos en 6 hectáreas, que se plantaron coa finalidade de loitar
contra os incendios. Hai que ter en conta que a codia da
secuoia é ignífuga e
actúa como un efectivo cortafogos. Polo momento as secuoias de O Galiñeiro son moi pequenas, pero
espérase que nuns anos formen unha arboreda compacta para combatir os
incendios.
En Poio hai outro bosque de secuoias, coñecido como o Bosque de Colón, que ten máis de 2 hectáreas. No ano 1992, o goberno americano decidiu regalar a España 500 exemplares de secuoia vermella, para conmemorar o 500 aniversario da chegada de Colón a América , e o lugar elixido foi Poio. Con só 33 anos de idade , as secuoias deste parque xa miden entre 30 e 35 m de altura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario