27.4.25

Secuoia sempervirens (secuoia vermella)

Son orixinarias de Estados Unidos, e poden superar os 100 metros de altura. Son árbores moi lonxevas que poden chegar a vivir 1800 anos, aínda que localizouse un exemplar con 3200 .Outra curiosidade é que a súa madeira é a máis cara do mundo: o metro cúbico valórase en 1.500 euros.

Pero, sabías que en Galicia tamén temos dous importantes bosques de secuoias? As dúas están na provincia de Pontevedra: Gondomar e Poio.

Desde 2017 hai unha plantación de secuoias na Serra do Galiñeiro en Gondomar  (Pontevedra), a máis grande de EuropaSon 1.200 árbores repartidos en 6 hectáreas, que se plantaron coa finalidade de loitar contra os incendios. Hai que ter en conta que a codia da secuoia é ignífuga e actúa como un efectivo cortafogos. Polo momento as secuoias de O Galiñeiro son moi pequenas, pero espérase que nuns anos formen unha arboreda compacta para combatir os incendios.

En Poio  hai outro bosque de secuoias, coñecido como  o Bosque de Colón, que ten máis de 2 hectáreas. No ano 1992, o goberno americano decidiu regalar a España 500 exemplares de secuoia vermella,  para conmemorar o 500 aniversario da chegada de Colón a América , e o lugar elixido foi Poio. Con só 33 anos de idade , as secuoias deste parque xa miden entre 30 e 35 m de altura.




 

1.4.25