27.7.23

AXENDA 2030

O 25 de setembro de 2015, a Asamblea Xeral da ONU aprobou que os seus países membros acadasen unha serie de obxectivos, recollidos na denominada "Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible", ou simplemente " Agenda 2030".

Non hai que olvidar que a ONU é o maior organismo internacional do planeta e está integrada por 193 estados soberanos. Da ONU dependen tamén outras organizacións mundialmente coñecidas como UNESCO, ACNUR ou UNICEF.

Os obxectivos falan de acabar coa pobreza e a fame, mellorar a saúde e o benestar dos seres humanos, mellorar a calidade da ensinanza, promover a igualdade de xénero, facilitar o acceso a auga potable, aspirar a un futuro no que empreguemos enerxías renovables e non contaminantes, promover o traballo decente, reducir as desigualdades, facer as cidades máis sostibles, coidar os mares e ecosistemas terrestres, promover a paz e a xusticia...

 

No hay comentarios: