3.11.20

DETECTANDO ALMIDÓN

O primeiro que faremos é preparar a solución reactiva. Diluímos tintura de iodo (Betadine) en auga nunha relación de 1 gota de Betadine por 10 gotas de auga.

Seguidamente, preparamos mostras nun plato. Colocaremos pequenas cantidades de diversos alimentos, como trozos de pan, grans de arroz, patacas....

Colocaremos algunhas gotas da solución iodada sobre os diversos alimentos. Primeiro, os de orixe vexetal e logo os de orixe animal. Pasados uns minutos poderemos observar unha coloración azul nos alimentos de orixe vexetal (pan, arroz, patacas, etc), mentras que nos alimentos de orixe animal non deberían presentar coloración. No caso de que así fose, saberemos con certeza que este produto contén almidón, é dicir, é un embutido adulterado.

O almidón é un hidrato de carbono (H.C) presente nos alimentos de orixe vexetal. Reacciona químicamente co iodo, dando unha pigmentación azulada que poderá ser tan intensa, como a cantidade de almidón que se atope na mostra do alimento que estamos analizando. 


 

 

No hay comentarios: