1.4.11

AMAPOLA (Papaver Somniferum)


É coñecida porque os seus froitos semimaduros —en forma de cápsula— así como a súa savia seca —pegañosa e de cor branco— ten un alto contido en alcaloides, polo que son usadas para a fabricación de opio, que na industria farmacéutica supón unha fonte de drogas como a morfina e a codeína.

As sementes teñen aplicación na cociña, polas súas propiedades antioxidantes,e o seu contido en vitamina B, lípidos, glúcidos e proteínas. Tamén se usan para adornar productos de panadería (barras de pan, bollos...).Incluso se usan en piensos para paxaros.

O aceite obtido das sementes emprégase na industria da pintura como aceite secante, para a fabricación de xabóns ou como combustible.

No hay comentarios: