4.10.10

SÍLEX OU PEDERNAL


O cuarzo é unha rocha de composición Si O 2, é dicir, dióxido de silicio. O Silicio, despois do Osíxeno é o elemento máis abundante do planeta Terra. Á variedade macrocristalina denomínaselle habitualmente Cuarzo, os Jaspes son os de estructura microcristalina, as Calcedonias Criptocristalina (composta por cristais tan finos que non é posible diferencialos como partículas distintas utilizando ampliacións normais),e as que carecen de estructura son Obsidianas (estructura amorfa). O Sílex é unha rocha sedimentaria de estructura criptocristalina, polo que pertence á variedade das Calcedonias.Empregouse tanto na prehistoria polas súas propiedades de corte, duración, tipo de fractura e abundancia. É unha roca fráxil, parecida ó vidrio, que ó golpeala con outra pedra (percutor) provoca o desprendemento dunha lasca con filo cortante.

No hay comentarios: