10.10.08
Próxima Centauri
A estrela máis cercana ó sistema solar é Próxima Centauri, a uns 40,000,000,000,000 kilómetros (40 millóns de millóns). As distancias entre as estrelas son tan grandes que os astrónomos prefiren medilas en anos-luz, en vez de kilómetros. A luz viaxa a unha velocidade de 300,000 kilómetros por segundo, suficiente para darlle sete voltas e media á Terra nun só segundo. Así, a luz tarda 1.2 segundos en chegar á Lúa, uns 8 minutos en chegar ó Sol e 4 e 5 horas a Neptuno e Plutón. Incluso a esta enorme velocidade, a luz tarda un pouco máis de 4 anos en viaxar de Próxima Centauri ata nós, por eso dicimos que está a uns 4 anos-luz. Si temos en conta que a nosa galaxia mide uns 100,000 anos-luz, podemos dicir que Próxima Centauro é a estrela que está máis “cerca” do Sol.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Que grande é o Universo!!!
pois si,ke lle imos fagher.
Publicar un comentario