8.10.08

Marie Curie (3º ESO)


Marie Curie, de solteira Marja Sklodowska, naceu en Varsovia (Polonia) en 1867. En 1891 trasladouse a París (onde cambiou o seu nome por Marie) e incorporouse á Sorbona. Dous anos máis tarde rematou os seus estudos de física co número un da súa promoción. En 1894 coñeceu a Pierre Curie e casaron en 1895. Marie Curie foi a primeira en empregar o termo ‘radiactivo’ para describir os elementos que emiten radiacións cando se descompoñen os seus núcleos. En 1898 o matrimonio anunció o descubrimento de dous novos elementos: o polonio (Marie deulle ese nome por Polonia) e o radio. En 1903 compartiron con Becquerel o Premio Nobel de Física polo descubrimento dos elementos radiactivos. Marie Curie foi así a primeira muller en recibir un Nobel. En 1911 recibíu un segundo Nobel, nesta ocasión foi o de Química, e para ela soa, polas súas investigacións sobre o radio e os seus compostos. Sufriu unha anemia perniciosa causada polas exposicións á radiación, morrendo o l4 de xullo de 1934.

5 comentarios:

sideral dijo...

E fixo todo iso nesa época en branco e negro....

Raquel dijo...

Mema!!!

KAJACA dijo...

Marí Purí uas auer ol frend

güi ar de chempions mai frend!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

gud bai

Raquel dijo...

Perdón???

Kajaca dijo...

tradución: Mari puri era unha nosa vella amigha.