26.2.26

NAUTILUS

O nautilus considérase un “fósil viviente” debido a que cambiou moi pouco os últimos 450 millóns de anos. Os seus ancestros, os nautiloideos, dominaron os océanos durante oPaleozoico e o Mesozoico, moito antes de que apareceran os dinosaurios. Mentras que a maioría dos seus parentes se extinguieron, o nautilus logrou adaptarse e sobrevivir.

É un molusco cefalópodo que sobreviviu  a numerosas extincións masivas.

 


25.2.26

Día internacional do implante coclear

 

IMPLANTE COCLEAR

É un dispositivo electrónico implantado quirúrxicamente que axuda a persoas con hipoacusia severa ou profunda a percibir sons. Realizaría as funcións do nervio auditivo ( coclear).

24.2.26

SAMBESUGA

 

Son anélidos.

Non todas son hematófagas. Hainas de vida libre e "carroñeras".

Poden  almacenar tanta sangue no seu corpo como de 2 a 11 veces o seu peso, tardando meses en dixerila.

23.2.26

DÍA DE ROSALÍA

 


CALIGRAMA, OBRAS e CITAS

 


OBRAS

La flor (1857) Lieders (1858) La hija del mar (1858) Flavio (1861)

A mi madre (1863) Cantares Gallegos (1863) Contos da miña terra (1864)

Las literatas. Carta a Eduarda (1866) El cadiceño (1866) Ruinas (1866)

El caballero de las botas azules (1867) Follas Novas (1880)

El primer loco. Cuento extraño (1881) El domingo de Ramos (1881)

Padrón y las inundaciones (1881) Costumbres gallegas (1881)

En las orillas del Sar (1884)

CITAS

Con un pouco de unto vello
que o ben soupen aforrar
e ca fariñiña munda
xa tiña para cear.
Fixen un caldo de groria
que me soupo que la mar,
fixen un bolo do pote
que era cousa de envidiar.” Follas Novas

 

Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas. “ Cantares Gallegos


Aqués que ten fama de honrados na vila
roubáronme tanta brancura que eu tiña,
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.” Follas Novas

 

"Cando penso que te fuches,

negra sombra que me asombras,

ó pé dos meus cabezais ,

tornas facéndome mofa." Follas Novas.

19.2.26

GAFAS DE ECLIPSE

As denominadas "gafas de eclipse" (adquiridas en tendas especializadas ou planetarios) están deseñadas para observar o Sol con seguridade durante curtos periodos de tempo, non superiores a un minuto. Deben usarse só si se atopan en boas condicións, sin raspaduras, perforacións, arañazos, roturas nin dobleces. 

 


12.2.26

AS GORGONIAS

 As  gorgonias son "octocorales", animais invertebrados maioritariamente coloniais  e que pertencen ao  filo Cnidarios ou Celenterados (pólipos e corais).


 

CORAIS

 Os pólipos coralinos son en realidade animais translúcidos. As espectaculares cores dos arrecifes proveñen dos miles de millóns de algas (zooxantelas) que albergan. Cando se sinten estresados por factores como a contaminación ou o cambio da temperatura da auga, os corais expulsan ás algas que os rodean, provocando o branqueamento do coral, que pode acabar por matar á colonia si o estrés non se reduce.


10.2.26

Hedy Lamarr

Hedy Lamarr foi unha actriz e brillante inventora autodidacta que desenvolveu o denominado "salto de frecuencia" durante a Segunda Guerra Mundial, patentado en 1942. Deseñado para guiar torpedos sin interferencias, este sistema é a base tecnolóxica da Wi-Fi, Bluetooth, GPS  e de todas as comunicacións inalámbricas modernas.

 


9.2.26

Ada Lovelace

 Naceu en Londres en 1815. O seu pai foi Lord Byron (poeta) e a súa nai unha aristócrata inglesa apasionada das matemáticas e da astronomía.

Está considerada a pioneira da informática, gracias aos seus estudos realizados sobre unha calculadora mecánica que deseñara o matemático Charles Babbage. 

 


5.2.26

Rosalind Franklin

 Naceu en Londres en 1912 e estudiou Química en Cambridge. Foi unha experta en cristalografía de R.X, técnica que se emprega para determinar estruturas de moléculas.

Obtivo unha fotografía, coñecida como "Foto 51", que foi clave para demostrar por primeira vez como debía ser a estrutura da molécula de ADN, que ata entón era un misterio.

Morreu de cáncer de ovario en 1958 con 37 años. Nunca foi recoñecida co premio Nobel de Medicina, que Watson e Crick sí recibiron polo descubrimento da estrutura de doble hélice do ADN, empregando os datos e os estudos de Rosalind, sin os cales a estructura do ADN non sería coñecida.