19.12.25
17.12.25
11.12.25
UROHIDROSIS
A urohidrosis é un mecanismo de termorregulación en aves como voitres e cegoñas. Consiste en defecar sobre as súas propias patas escamosas para refrescarse, xa que a evaporación dos fluidos (orina e feces) enfría o seu corpo ao non poder suar.
As aves carecen de glándulas sudoríparas e utilizan este mecanismo de enfriamento por evaporación de fluidos corporais considerado análogo ao suor nos mamíferos. Son axustes termorreguladores que axudan ás aves a manter unha temperatura corporal segura.
PEIXES PULMONADOS
Son peixes óseos de auga doce que teñen as seguintes características:
1. Respiran maioritariamente por pulmóns (vexiga natatoria adaptada).
2. Unha parte da súa respiración (2%) realízase por branquias.
3. Teñen ALETAS LOBULADAS ou carnosas. Estas aletas son as precursoras das patas dos tetrápodos.
4. Son unha importante transición evolutiva entre os animais dependentes da auga (peixes) e os animais terrestres (anfibios).
5. Incluso pódense considerar como fósiles vivintes. Apareceron no DEVÓNICO, hai uns 400 millóns de anos.
CELACANTO
Son peixes de aletas lobuladas, que poden mover alternativamente, coma un cabalo trotando, Os seus antepasados apareceron no planeta Terra hai 400 millóns de anos.
Viven a 700 m de profundidade. Poden acadar os 2 metros de lonxitude, cun peso de máis de 90 kg. Tamén poden chegar a vivir 100 anos!!!
9.12.25
CICLÓSTOMOS
Os ciclóstomos son peixes primitivos (Paleozoico, hai 300 millóns de anos) sen mandíbulas , caracterizados por ter un corpo alongado similar a unha anguila, pel lisa sen escamas, un esqueleto cartilaxinoso e unha boca circular para succionar. Os representantes actuais son as lampreas e os mixinos ( peixe bruxa).
Curiosidades dos mixinos:
Para defenderse dos depredadores producen gran cantidade de baba.
Son vertebrados porque teñen cráneo, pero non columna.
Son carroñeros, métense en peixes mortos para comelos desde dentro.
4.12.25
JIT- TEST 3º ESO
- As siglas ODS significan:
- Obxectivos de desenvolvemento sostible.
- Organización de Sostenibilidade.
- Obxectivos de saúde.
- Osos de Siberia.
- O ODS 13 e o ODS 14 da Axenda 2030 fan referencia a :
- Cambio climático e conservación de océanos.
- Fin da pobreza e igualdade de xénero.
- Fame cero e educación de calidade.
3. Os compoñentes da purpurina non biodegradable son:
- Óxidos de Fe, Ca e PVC.
- Óxidos de Fe, dióxido de Ti, Al e PET´s.
- Auga regia, Sb e cicuta.
- Aceite de vitriolo e salfumán.
4 .A contaminación branca fai referencia a :
- Á contaminación debida aos GEI.
- Á contaminación acústica.
- Á contaminación polo fume das chimineas das fábricas.
- Á contaminación por plásticos.
5. Os nanoplásticos son partículas de plástico :
- Cun tamaño inferior a 10-9 m.
- Cun tamaño inferior a 10 -6 m
- Cun tamaño inferior a 10 -12 m
- Partículas que producen somnolencia.
RÚBRICAS PARA A CONTROVERSIA CIENTÍFICA 3º ESO
|
CRITERIO AVALIACIÓN |
In (1-4) |
Suf-Ben (5-6) |
Nt. (7-8) |
Sob. (9-10) |
|
Contrastar a influencia das actuacións humanas sobre o medio, valorar os seus impactos e argumenta a necesidade do uso responsable dos recursos, do tratamento dos residuos a nivel familiar e social co fin de conseguir un desenvolvemento máis sostible. |
Contrasta de xeito parcial as actuacións humanas que teñen influencia negativa sobre o medio, describe superficialmente os procesos existentes para minimizar o seu impacto e argumenta empregando tópicos a necesidade de practicar un consumo responsable como medio para conseguir un desenvolvemento sostible. |
Contrasta seguindo pautas e con algúns erros comúns as actuacións humanas que teñen influencia negativa sobre o medio, describe de forma xeral os procesos existentes para minimizar o seu impacto e argumenta con aportacións comúns a necesidade de practicar un consumo responsable como medio para conseguir un desenvolvemento sostible. |
Contrasta de xeito adecuado as actuacións humanas que teñen influencia negativa sobre o medio, describe con claridade os procesos existentes para minimizar o seu impacto e argumenta con aportacións creativas a necesidade de practicar un consumo responsable como medio para conseguir un desenvolvemento sosteible. |
Contrasta con detalle e propiedade as actuacións humanas que teñen influencia negativa sobre o medio, describe con claridade e precisión os procesos existentes para minimizar o seu impacto e argumenta con criterios propios e aportacións creativas a necesidade de practicar un consumo responsable como medio para conseguir un desenvolvemento sostible. |
|
Responsabilidade É responsable coa parte do traballo asignada |
Non realizou as tarefas encomendadas. |
Ficho un pouco. |
Realizou parte. |
Realizou todo o que tiña que facer |
|
Participación nos debates (pequeño e gran grupo) |
Non participa. |
Apenas participa. |
Participa bastante. |
Participa totalmente. |
|
Escoitar activamente |
Non escoita e non deixa escoitar aos demais. |
Interrompe aos compañeiros e compañeiras. |
Escoita aos demais pero interrompe ás veces. |
Escoita e respecta opinión. |
|
Opinións Acepta as opinión dos membros do grupo |
Non acepta as opinión dos demais. |
Ás veces acepta as opinión dos demais e outras non. |
Acepta as opinión dos demais pero pon excusas. |
Acepta o que se lle comenta. |
|
Respecto É respectuoso/a e non entorpece o traballo grupal |
Non respecta para nada as aportacións dos compañeiros e compañeiras. |
Apenas respecta aos demais nas súas valoracións. |
Respecta en xeral, pero algún membro do grupo non. |
Respecta totalmente a todos e todas. |








