31.3.25

SISTEMA CIRCULATORIO

 


CORES DO SANGUE

No sangue, a hemoglobina pode existir en dúas formas segundo leve unido osíxeno ou non. A forma con osíxeno denomínase oxihemoglobina; a outra, desoxihemoglobina. No sangue arterial, máis do 95% da hemoglobina está en forma de oxihemoglobina; na veosa, entre un 50 e un 80%. O sangue osixenado é de cor vermella brillante, mentres que o sangue desosixenado é de cor entre vermella escura e púrpura.

Certos trastornos poden cambiar a cor do noso sangue. Por exemplo, hai fármacos que aportan xofre (azufre) á hemoglobina, transformándoa en sulfohemoglobina, de cor verdosa.

Non todos os animais teñen o sangue vermello. Por exemplo, as arañas, os cangrexos de ferradura e outros artrópodos teñen unha hemolinfa (fluído equivalente ó sangue) de cor azul que deben ós dous átomos de cobre contidos na proteína hemocianina, que sustitúe neles á nosa hemoglobina.

Por exemplo, o cogombro (pepino) de mar ten o sangue amarelento debido á proteína vanabina, que contén vanadio. O eslizón (unha especie de lagarta) tena verde á causa da biliverdina.

Outra curiosidade é o peixe de xeo, que non ten glóbulos vermellos no sangue (hemolinfa), o que fai que esta sexa transparente.

 




28.3.25

PLÁTANO AZUL

O plátano azul non é un produto de inxeniería xenética, é outra variedade de plátano que non se cultivara en España ata hai poucos anos. Esta froita é orixinaria do sudeste asiático e cultívase en Hawai, Filipinas e en Centroamérica.

Outra característica que sorprende deste plátano é o seu sabor a vainilla.

Estos plátanos van perdendo o característico azul a medida que van madurando. Outra característica distinta está na cáscara do plátano, dado que ten textura “aterciopelada”.



FROITAS EXÓTICAS


 

22.3.25

22 de marzo: A Hora do Planeta

O penúltimo sábado de marzo celébrase a Hora do Planeta, unha iniciativa de World Wide Fund for Nature (WWF) que ten como propósito concienciar contra o cambio climático levando a cabo un apagón voluntario dunha hora. 

Este apagón ten lugar nas cidades que queiran participar na iniciativa o penúltimo sábado do mes de marzo, de 20:30 a 21:30 na hora local de cada país.

Aínda que o evento fundamental consiste en que empresas, institucións, monumentos ou lugares emblemáticos apaguen as luces durante unha hora, A Hora do Planeta quere ir máis aló. Por eso convídase a todos os cidadáns a participar durante ese momento, antes e despois, en calquera pequena actividade que xere un impacto beneficioso sobre o medio ambiente.

 


13.3.25

Homo affinis erectus

 INFORMACIÓN

INFORMACIÓN 

Descubren en Atapuerca o rostro do humano máis antigo de Europa Occidental. Demostra que os primeiros humanos chegaron a Europa hai 1,4 millóns de anos.