Mañá de volta para o cole, para comezar con forza e ilusión o novo curso 08/09. Ollo, que ninguén se asuste, só é para min, vós aínda teredes uns días de asueto e descanso...
Claro, si o 06-05-08 facíades nove meses,o mércores faredes un ano. Sodes unha parelliña moi bonita. Seguide así, responsables e estudosos. Bicos moitos.
Actualmente é unha festa pagana, e tanto!!! . Antes era unha procesión, preámbulo das conmemoracións relixiosas da festa da Encarnación, que realizaban nenos portando ramos e acompañados de música tradicional. Era o 25 de Marzo. Canto cambiaron as cousiñas…
O obxectivo deste blog é o de proporcionar unha nova ferramenta para complementar o proceso de aprendizaxe iniciado na aula. Nel recolleranse artigos interesantes, exercicios de ampliación e reforzo de contidos, páxinas de interese científico... Asemade pretende ser unha canle de comunicación máis que favoreza a comunicación entre nós, onde podedes plasmar as vosas opinións, dúbidas, proxectos, preguntas... Imos aló!!!!