11.12.25

UROHIDROSIS

A urohidrosis é un mecanismo de termorregulación en aves como voitres e cegoñas. Consiste en defecar sobre as súas propias patas escamosas para refrescarse, xa que a evaporación dos fluidos (orina e feces) enfría o seu corpo ao non poder suar.

As aves carecen de glándulas sudoríparas e utilizan este mecanismo de enfriamento por evaporación de fluidos corporais considerado análogo ao suor nos mamíferos. Son axustes termorreguladores que axudan ás aves a manter unha temperatura corporal segura.

 

 


PEIXES PULMONADOS

Son peixes óseos de auga doce que teñen as seguintes características:

1. Respiran maioritariamente por pulmóns (vexiga natatoria adaptada).

2. Unha parte da súa respiración (2%) realízase por branquias.

3. Teñen ALETAS LOBULADAS ou carnosas. Estas aletas son as precursoras das patas dos tetrápodos.

4. Son unha importante transición evolutiva entre os animais dependentes da auga (peixes)  e os animais terrestres (anfibios).

5. Incluso pódense considerar como fósiles vivintes. Apareceron no DEVÓNICO, hai uns 400 millóns de anos.

 

 


CELACANTO

Son peixes de aletas lobuladas, que poden mover alternativamente, coma un cabalo trotando, Os seus antepasados apareceron no planeta Terra hai 400 millóns de anos.

Viven a 700 m de profundidade. Poden acadar os 2 metros de lonxitude, cun peso de máis de 90 kg. Tamén poden chegar a vivir 100 anos!!!


 

9.12.25

CICLÓSTOMOS

Os ciclóstomos son peixes primitivos (Paleozoico, hai 300 millóns de anos) sen mandíbulas , caracterizados por ter un corpo alongado similar a unha anguila, pel lisa sen escamas, un esqueleto cartilaxinoso e unha boca circular para succionar. Os representantes actuais son as lampreas e os mixinos ( peixe bruxa).

Curiosidades dos mixinos:

Para defenderse dos depredadores producen gran cantidade de baba.

Son vertebrados porque teñen cráneo, pero non columna.

Son carroñeros, métense en peixes mortos para comelos desde dentro.




 


VERTEBRADOS I